Cualificada como iniciativa empresarial de base tecnolóxica pola Xunta en 2005, o principal obxectivo desta empresa é o asesoramento e desenvolvemento de novas ferramentas no eido da informática e os sistemas de información xeográfica, con especial interese na súa aplicación ao medio natural. Dado o seu perfil tecnolóxico, os técnicos de Sixtema contan cunha formación continua que lle permite situarse á vangarda dos servizos que ofrece, dedicando parte dos recursos a proxectos de I+D+i, en colaboración directa con outras empresas e centros.
Principais produtos
