Redegal fórmase no ano 2004 por profesionais do sector con ampla experiencia en solucións tecnolóxicas. Enfocados de cara a satisfacer as necesidades de comunicación e xestión dos seus clientes, son unha marca consolidada no sector, resultado de moitos anos de experiencia.
A súa actividade principal é o desenvolvemento de Software. O departamento responsable desta área componse de profesionais formados na súa totalidade na Universidade de Vigo. Este equipo humano, implicado e apaixoado, adáptase facilmente ás novas tecnoloxías e necesidades do mercado.
O Core de negocio da empresa xira arredor do Software libre, complementado coas iniciativas FLOSS. Ofrecen solucións CMS con TYPO3, traballan co emerxente 'cloud computing' aplicando tecnoloxías LAMP e permiten a virtualización dos recursos ademais de implantar dispositivos integrados de seguridade.
Xuntamente, dispoñen de servizos de consultoría tecnolóxica para axudar aos clientes a sacar o maior partido das solucións. Implanta proxectos que inclúen desde a definición da arquitectura e a integración dos sistemas até a prestación de servizos profesionais de alto valor engadido (Auditoría e Consultoría).
