Queres é unha consultora en tecnoloxías da información especializada no desenvolvemento de software. Especializada dende fai tempo na área da Xestión Documental Open Source, pretende axudar ás empresas a optimizar os procesos de negocio relacionados coa documentación, minimizando desde xeito o uso do papel e apoiando a un mundo máis sustentable.
Servizos
- Asesoramento en Xestión Documental Open Source: Os especialistas participan durante todo o proxecto de implantación dun sistema de xestión documental e de contidos.
- Consultoría: Consultores con ampla experiencia no campo das Tecnoloxías da Información, proxectan un plan de sistemas para o desenvolvemento de sistemas en organizacións.
- Desenvolvemento de Software: Engloba os procesos de análise (construción dun sistema funcionalmente completo en base a unha correcta recollida de requisitos), de arquitectura (asesoramento no deseño dunha arquitectura que cubra as necesidades de seguridade, rendemento e accesibilidade), deseño e construción.
Solucións
- Xestión Documental: A xestión documental trata sobre optimizar os procesos relacionados cos documentos, e devolverlle o control aos usuarios sobre os seus documentos, incrementando notablemente a rendibilidade.
- Xestión de Contido Web: provén solucións que axudan a xestionar e publicar contidos web, dende a fase de preparación do contido ata a publicación do mesmo pasando polas fases de validación e corrección se fixeran falta.
- Intranets: A intranet dunha empresa é básica para manter informada á compañía e para poder mellorar a comunicación interna, aumentando a produtividade e conseguindo que a información flúa.
Produtos
Os seus traballos son coidadosamente desenvolvidos para poder ser reusados e axudar a novos clientes, tanto se se trata de plugins ou de modificacións, co obxectivo de facilitar os procesos de todos.
- Facturación de provedores: módulo para Alfresco que soluciona o problema da xestión das facturas dos provedores (electrónicas, en papel ou calquera medio)
- Xestión de Calidade: módulo de Alfresco, proporciona os fluxos e a organización necesaria para xestionar toda a documentación necesaria para a ISO9001
- Firma electrónica: plugin que permite firmar dixitalmente documentos dende o propio xestor documental, aforrando tempo e cartos.
- Xestión de CV's: módulo que permite a xestión dos CVs dentro do xestor documental, axudando coa LOPD e cos procesos de selección.
- A3S: aplicación web en modalidade SaaS, achega a xestión documental das grandes empresas as PEMES, inclúe os módulos de Facturación, Calidade, RRHH, ...
Tecnoloxías
- Sistemas de Xestión Documental Open source baseados en Alfresco ou Nuxeo.
- Xestión de Contidos Web: manexo de webs, xestión de documentación corporativa ou aplicacións baseadas en fluxos de traballo empresariais.
- Portais corporativos principalmente con Liferay.
- Open source: especialistas na integración de tecnoloxías Open source, con ampla experiencia na súa adaptación ao mercado empresarial.