Galebook é unha empresa que traballa no ámbito dixital; somos especialistas en lingua e novas tecnoloxías e creamos e publicamos contidos dixitais co selo Edicións Galebook. Atendemos as necesidades xurdidas no panorama tecnolóxico actual desde a dixitalización ata a edición de libros electrónicos enriquecidos, de carácter literario, profesional ou educativo. Acabamos de publicar o noso primeiro libro electrónico, As Trovas de Midas de Diana Varela Puñal, que proximamente estará dispoñible en impresión baixo demanda. Fundada no 2010 por emprendedor@s do ámbito das Humanidades, Galebook foi recoñecida como Empresa Asociada da UDC e mellor Start-up galega nos premios Innova-G 2011.
