Empresa que ofrece, dende 1997, as ferramentas e infraestruturas necesarias para facilitarlles aos seus clientes a incorporación á nova era da comunicación e obter a máxima rendibilidade das novas tecnoloxías da información. Non só a experiencia, iniciativas pioneiras e éxitos acadados en campos como o do comercio electrónico, desenvolvemento de software a medida, deseño web ou promoción especializada on-line, avalan os produtos e servizos de Abertal; que abarcan tamén, como un dos servizos estrela, a consultoría estratéxica. Ademais, Abertal é unha empresa especializada en turismo e Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC). Ten oficinas en Carballo e Santiago de Compostela.
Principais produtos
