| |
|
|
|
|
O Parlamento Europeo rexeita as patentes de ‘software’ |
| |
EGANET mostra a súa plena satisfacción ante a decisión da Eurocámara, que permite manter o ‘software’ libre e defende os dereitos intelectuais dos autores de programas informáticos
A polémica directiva europea que pretendía legaliza-la concesión de patentes a invencións implementadas por ordenador foi rexeitada, por fin, gracias á oposición da Eurocámara, que considera que a directiva non garante a seguridade xurídica suficiente para os propietarios das patentes nin para os novos inventores.
A iniciativa proposta pola Comisión Europea, que se puxo en marcha no ano 2002, pretendía incluír os programas de ‘software’ dentro de ámbito do patentable. Os seus defensores aseguraban que o obxectivo era aportar un enfoque común para que non existira unha política diferente en cada estado membro en canto á patentabilidade do ‘software’.
Pero a iniciativa dividiu mesmo á propia industria. Por unha parte, os xigantes tecnolóxicos eran partidarios dun sistema de patentes que protexese non só as invencións que empregan programas informáticos, senón tamén os programas implicados. E, por outra, as pemes defendían a patentabilidade das invencións, pero nunca dos programas informáticos, xa que isto favorecería unicamente os intereses das grandes empresas.
Dende o lanzamento da directiva, o debate estivo servido e as asociacións de usuarios e a comunidade ‘open source’ mantiveron un pulso constante contra este proxecto. O pasado mes de abril, as mobilizacións en oposición ás patentes de ‘software’ sentíronse en máis de 35 Universidades españolas, especialmente nas facultades de informática, co fin de instar ós eurodiputados a rexeita-la directiva.
Días antes da votación no Parlamento Europeo, os representantes de empresas, especialmente das pemes, e de organizacións partidarias do ‘software’ libre entregaron nas sedes do PSOE e do PP uns escritos, nos que defendían a armonización europea das leis de protección intelectual para a creación de ‘software’ e o apoio ó ‘copyright’ como mecanismo suficiente para a protección do ‘software’.
Maioría abrumadora
Finalmente, o rexeitamento do Parlamento Europeo a esta directiva foi aplastante. A iniciativa lexislativa foi refutada por 648 eurodiputados, con 14 votos en contra e 18 abstencións. Nun principio, só eran necesarios 367 votos para que a directiva non seguise adiante, pero esta cifra foi superada gracias ó apoio dos Verdes, Izquierda Unitaria, Populares, euroescépticos e parte dos Liberais e dos Socialistas.
Satisfacción entre as pemes
EGANET apoia a decisión final do Parlamento Europeo xa que as patentes de ‘software’ só favorecerían os intereses das grandes empresas tecnolóxicas, mentres que para as pemes suporía un grave perigo, ó non contar cun departamento legal para rexistra-las patentes. Por outra banda, coa directiva europea, os autores de ‘software’ verían gravemente recortados os seus dereitos intelectuais e, finalmente, limitaríase o desenrolo das ideas.
A Asociación considera que o ‘Copyright’ e as marcas rexistradas son máis que suficientes para protexer o negocio dos productos ‘software’ e das empresas puntocom, xa que estes sistemas permiten salvagardar ós propietarios dos programas e garanten a libre competencia. Calquera outro tipo de restricción converteríase nunha inxerencia excesiva por parte do Estado no funcionamento do mercado.
|
| |
| 07/07/2005 |
|
|
100 empresas de Portugal e Galicia mellorarán a súa competitividade có proxecto de conectividade de datos, cic-commerce, en colaboración con EGANET. |
| |
As pemes que se adhieran poderán aforrar importantes custes na súa relación con outras compañías e coa e-administración
A empresa TLR Soft, foi seleccionada para promocionar o comercio electrónico na Eurorrexión (Galicia e Norte de Portugal) nun proxecto promovido pola Xunta que conta coa colaboración de Eganet. As empresas de ferretería, construcción ou electrodomésticos que se adhieran ó proxecto poderán optimizar a súa xestión, ó mesmo tempo que melloran as súas relacións comerciais, dispoñen de información relevante para os seus negocios, conectan coa Administración e que inician a internacionalización da súa empresa ou melloran as súas relacións con entidades da Eurorrexión. E todo, gracias á conectividade de datos intelixente, que acaba coas barreiras de formatos e ficheiros no intercambio de documentos en Internet, e que conleva aforros de ata un 40%.
O proxecto CIC-Commerce, impulsado pola Fundación para o Fomento da Calidade Industrial (dependente da Consellería de Economía da Xunta de Galicia), en colaboración con entidades como Eganet, e desenvolto pola empresa TLR Soft, ten en conta o recelo có que as empresas soen mirar as propostas en materia tecnolóxica, derivado en ocasións dos seus problemáticos e custosos antecedentes. A conectividade de datos en tempo real aporta solucións ás transaccións electrónicas sen necesidade de cambiar as aplicacións informáticas empregadas na empresa e independentemente dos diferentes formatos empregados en cada intercambio.
Actualmente prodúcese o movemento de información a través de medios electrónicos, pero é finalmente o usuario o que recolle a información recibida (tarefa, pedido, albarán, factura, ofertas, etc.) e a reprocesa para incorporala no seu sistema de xestión. Coa conectividade, o trasvase de datos é automático.
Esta necesidade de integración faise todavía máis evidente en sectores con un gran número de provedores, referencias e operacións como son os de materiais de construcción, ferretería ou electrodomésticos. Esta iniciativa piloto diríxese a ditos sectores, onde a actualización de datos é un proceso moi custoso e onde doadamente se poderá valorar a mellora que supón a conectividade, eliminando os importantes custes e errores que xeneran os procesos de tipo manual, ata un 40%, e permitindo que os usuarios dispoñan de maiores potencialidades sen necesidade de adaptarse e coñecer un novo entorno.
CIC-Commerce pretende abordar a integración total de 70 empresas galegas e 30 do Norte de Portugal para que conecten entre sí có Observatorio da Administración, contando para elo có profundo coñecemento da realidade empresarial, da situación dos seus ERP’s e dos seus sistemas de xestión que ten TLR Soft, a única provedora de conectividade integral.
Pero sen lugar a dudas, o elemento que permite a plena conectividade é a normalización ou estandarización universal das referencias ós productos. Actualmente, a referencia a un producto non é única, cada empresa ou ámbito xeográfico denomina de forma diferente e esta situación trasládase ó mundo electrónico codificando tamén de forma particular. A clasificación intelixente de TLR (CDAI) permite localizar productos en segundos por calquera dos seus nomes, alias, provedores ou marcas.
TLR Soft leva máis de cinco anos conectando empresas con proxectos de tal envergadura como o de Mellora Competitiva de empresas afectadas polo desastre do ‘Prestige’, ou o de modernización do sector ferreteiro. O proxecto CIC-Commerce supón un dos primeiros pasos para a internacionalización das plataformas de TLR, prevista para 2006 e sobre a que xa se está traballando. Ademais, TLR pensa integrarse este ano coa plataforma portuguesa de construcción máis importante de Europa: Econstroi. Aquelas empresas interesadas (ferretería, electrodomésticos ou construcción), poden obter máis información no 902 12 10 74.
|
| |
| 01/07/2005 |
|
|
IMAXIN|SOFTWARE TRADUCE TAMÉN O OFFICE2003 AO GALEGO |
| |
En colaboración con MICROSOFT e a XUNTA DE GALICIA a única empresa de Galicia certificada pola multinacional informática presenta o popular paquete ofimático na nosa lingua.
A TRADUCIÓN MAIS AGARDADA. imaxin|software desenvolveu, en colaboración con Microsoft e a Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de educación a tradución do Office 2003 como antes foi o WindowsXP ao galego o que supón que a empresa galega de desenvolvemento de software especializado en áreas como tecnoloxía lingüística e educación e formación se sitúe na vangarda tecnolóxica.
Trátase dun feito sen precedentes tanto por ser a primeira vez que o paquete ofimático de máis amplo uso como Office 2003 se traduce ao noso idioma como pola cantidade de terminoloxía xerada relacionada no campo dos computadores que existe desde agora en galego. Toda esta terminoloxía foi validada polo TERMIGAL da RAG.
450.000 PALABRAS. Máis de seis meses de traballo do equipo técnico e lingüístico ofrece como resultado este produto, adaptado á nova norma da RAG 2003 que contou coa participación de tradutores, filólogos, enxeñeiros informáticos e betatesters. O produto permitiralles aos usuarios facer calquera operación relacionada co tratamento de textos, presentación de diapositivas do sistema operativo de Microsoft no idioma propio de Galicia.
OFFICE 2003 e WINDOWS XP en galego coa nova norma da RAG
ESTE MESMO ANO TAMÉN FOI PRESENTADO O WINDOWS XP E O CORRECTOR DE GALEGO 2.MIL.3. Os actuais usuarios do sistema operativo WindowsXP poderán contar co Office2003 no seu computador ambos os dous sistemas no idioma galego. Á hora de traballar co procesador de textos Microsoft Word 2003 xa traducido poderán instalar unha nova versión do corrector de galego -o único que inclúe os novos cambios normativos da Real Academia Galega no ano 2003-. Este corrector, tras unha mínima instalación, permite obter as mesmas funcionalidades dos correctores anteriores. En colaboración coa Xunta de Galicia, distribuiranse cinco mil copias do mesmo en CD-ROM.
NA REDE. O Office2003 poderá ser tamén descargado desde a rede internet no enderezo: http://www.microsoft.com/downloads/details.aspx?FamilyId=CCF199BC-C987-48F5-9707-DC6C7D0E35D0&displaylang=gl
Imaxin Software C/ Entremurallas 5 – 2º 15702 Santiago de Compostela – A Coruña Tlf.: 981 554068 - Fax: 981 554988 http://www.imaxin.com / imaxin@imaxin.com
|
| |
| 12/04/2005 |
|
|
NOVO ASOCIADO: LOROESTUDIO |
| |
Loroestudio é un estudio de deseño e comunicación creativa multiplataforma situado en Ferrol (A Coruña). Deseña e desarrolla contidos e aplicacións para dispositivos dixitais tales como a nova telefonía móbil 2.5 G e 3 G, pocket PC, Televisión Interactiva e por suposto, web. Este estudio dedícase principalmente ó desarrollo de aplicacións multiplataforma con Flash Lite (1.0 para Xapón e 1.1 EUR. e USA), portais de internet para móbiles en XHTML MP e I-MODE, desarrollo de MMS para accións de publicidade, e interfaces e contidos para Televisión Interactiva.
Son provedores oficiais de I-MODE para Movistar, así como provedores de contidos Flash para esta operadora en España. Asimesmo, forman parte do Movilform de Movistar, có que se garantiza o apoio técnico e a calidade das súas aplicacións, tanto empresariais, de ocio, ou de mensaxería multimedia con fins publicitarios.
Son o primeiro estudio galego que desarrolla contidos para a Televisión Dixital Interactiva para o que xa estableceron relacións tanto con operadoras de cable e satélite, como con outros provedores de contidos para Televisión Interactiva. Ata agora desarrollaron unha serie de xogos en Flash para Fresh-it ( http://www.fresh-it.com ), a maior productora nacional de Televisión Interactiva (có 80% do mercado nacional, e unha filial en U.K.). A súa actividade inicial en contidos para ITV vai enfocada ó desarrollo de canles temáticos, xogos e publicidade.
PREMIOS
- Primeiro Premio IV Concurso Proxectos Empresariais Innovadores 2004 (Universidade Santiago de Compostela) - Premio EGANET Xóvenes Emprendedores 2004 (Asociación Empresas Galegas de Internet) - Empresa calificada como Iniciativa Empresarial de Base Tecnolóxica (Xunta de Galicia) - Accésit categoría empresa Premios ETI Galicia 2005 (Computing/Pricewaterhousecoopers)
|
| |
| 11/04/2005 |
|
|
NOVO ASOCIADO: CLUSTER DIGITAL |
| |
EGANET ten un novo socio, CLUSTER DIGITAL, que nace co obxectivo de acercar novas formas de comunicación, publicidade e solucións de xestión a empresas.
A súa premisa é optimizar a imaxe das empresas e facilitar as relacións cos clientes, ofrecendo unha ferramenta fiable e escalable acorde coas tendencias actuais.
Cluster Digital proporciona solucións nos seguintes ámbitos:
• Multimedia:
1. Cd’s interactivos 2. E-Learning 3. Desarrollo multimedia para web 4. Presentacións
• Internet:
1. Cluster hosting:
Cluster Profesional:
300 MB de espacio web/ftp Panel de Control para xestión con facilidade accesible dende http://acceso.clusterdigital.net Soporte rápido 100 contas POP de e-mail configurables Webmail MySql 4.0.15 PHP 4.3.4
Cluster profesional Windows
300 MB de espacio web/ftp Panel de Control para xestión con facilidade accesible dende http://acceso.clusterdigital.net Soporte rápido 100 contas POP de e-mail configurables Webmail ASP, PHP 4.1 MySql, Acces.
2. Deseño Web:
Páxinas Html Páxinas Dinámicas Actualización páxinas web Páxinas Flash Catálogos E-commerce Banners
• Informática
1. Instalación de redes 2. Venta equipos informáticos
Señas de contacto: CLUSTER DIGITAL C/ Pino 63 – Oficina 1 36206 Vigo Tfno: 986 417 514 http://www.clusterdigital.com info@clusterdigital.com Persoa de contacto: Aitor Santos Alonso
|
| |
| 11/04/2005 |
|
|
DEMARISCO MELLOR INICIATIVA EMPRESARIAL EN INNOVACIÓN DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA |
| |
Demarisco.com gaña o accésit á mellor iniciativa empresarial no apartado innovación do premio xoven empresario do ano convocado pola AJE Pontevedra.
A Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra (AJE), celebraba así onte o seu décimo aniversario, entregando os premios á mellor iniciativa empresarial no Pazo da Cultura de Pontevedra, no apartado de innovación o premiado foi DeMarisco Online de Vigo. O xurado entre os elixidos para designar ás mellores iniciativas empresariais do ano estiveron a conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, Belén Prado, así como o presidente da AJE, José Luis Vilanova, e o secretario desta asociación, Jorge González. Rafael Louzán, o presidente da Diputación, Tamén asistiron ó acto, aínda que non coma calificadores das propostas, o conselleiro de Industria, Juan Rodríguez Yuste, e o subdelegado do Goberno, Delfín Fernández Álvarez.
DeMarisco.com é unha iniciativa empresarial que xurde en novembro do 2003 para vender marisco cocido por internet ó consumidor final. Baseándose na calidade do producto como a súa principal vantaxe competitiva no mercado.
Dende os viveiros situados no porto pesqueiro de Vigo distribúen marisco fresco da ría, concretamente das Rías Baixas, coidando con especial mimo a calidade e a presentación. Tódolos pedidos pódense realizar dende Internet ou chamando ó 902 303 353 e nun prazo de 48 horas terao cocido e listo para servilo na súa mesa.
|
| |
| 11/04/2005 |
|
|
A PÁXINA WEB DE LUAR NA LUBRE, NOMEADA ÓS PREMIOS AUI |
| |
Luarnalubre.com, espacio web do grupo folk Luar na Lubre, desenvolvido por Abertal Networks (con sede en Carballo), clasificouse entre os dez primeiros nomeados ós Premios AUI, concretamente na sección P2-Empresa española, onde se recoñecen aquelas iniciativas privadas que mellor integren Internet no seu desenvolvemento estratéxico.
Os Premios da Asociación de Usuarios de Internet teñen un carácter anual e queren galardoar ás empresas e persoas españolas que cos seus traballos, actividades e proxectos contribuíron, durante o ano anterior, á difusión e desenvolvemento da Sociedade da Información en xeral e de Internet en particular.
Despois de pasar a preselección e gracias ós votos dos usuarios da Rede, Luarnalubre.com rivaliza polos premios con páxinas de empresas como Arsys, Acens, BBVA, Capabro ou RAAC. As votacións seguen abertas ata o día 4 de abril. A web Luarnalubre.com foi premiada o pasado ano co Premio Eganet Presencia en Internet concedido pola Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet
|
| |
| 29/03/2005 |
|
|
GALICIABANNER FIRMA CON DOUBLECLICK |
| |
GaliciaBanner la única agencia de medios online gallega acaba de llegar a un acuerdo con Doubleclick para el uso de su tecnología DART para la gestión de las campañas de sus clientes y de sus soportes.
Doubleclick, nasdaq(DCLK), es la empresa proveedora de tecnología de publicidad en internet que con sus más de 2.000 clientes en todo el mundo lo convierten en líder indiscutible en cuanto a soluciones de marketing digital.
A través de este acuerdo GaliciaBanner pone a disposición de sus clientes y de su red la tecnología líder internacionalmente en el mercado de la publicidad on line, el acuerdo incluye las dos productos mas conocidos de Doubleclick, DFP (Dart for Publishers) y DFA (Dart for Advertisers), de esta forma tanto los soportes de la red GaliciaBanner, como los clientes de la agencia podrán disponer para la gestión de publicidad on line, de la misma herramienta que soportes españoles como Terra, MSN, Wanadoo o Ya.com.
Este es un paso mas en el objetivo de la empresa de ofrecer los últimas avances del sector en nuestra comunidad autónoma, de esta forma GaliciaBanner después de empezar en Galicia hace mas de 4 años comercializando publicidad en internet sigue siendo la única agencia de medios especializada en la comunidad, y un caso único en toda España, con lo que consigue convertirse en un referente no solo en Galicia sino a nivel nacional.
Una de las principales ventajas que aporta este tecnología es la función de geo targeting o lo que es lo mismo la segmentación por IP regional, por lo que a partir de ahora cualquier anunciante gallego podrá salir en un site de cobertura nacional y solo mostrarle sus anuncios a los visitantes gallegos.
MÁS INFORMACIÓN:
Rubén López Ferreiro Director de GaliciaBanner Tlf: 986 44 11 14 E-mail: rlopez@galiciabanner.com
|
| |
| 09/03/2005 |
|
|
|
|
|
 |
|
|