Premios Eganet 2009

A Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e as Novas Tecnoloxías vén de resolver a convocatoria dos Premios Eganet'09, convocados por sexto ano consecutivo. Os premios recoñecen o labor de profesionais e empresas galegas que traballan con tesón no desenvolvemento do sector TIC en Galicia.

Con esta iniciativa EGANET quere promocionar e servir de plataforma de lanzamento para os proxectos realizados de xeito íntegro por empresas galegas no campo das tecnoloxías da información e as comunicacións, dando a coñecer a tódolos sectores da sociedade galega os resultado do traballo das empresas galegas neste ámbito.

Os Premios Eganet son o acto anual de maior repercusión para o sector Tic galego. Nas seis edicións celebradas presentáronse máis de 600 empresas cuns 800 proxectos de novas tecnoloxías. As empresas finalistas e gañadoras son recoñecidas e presentadas nunha Gala de Entrega de Premios, que nesta VI edición se celebrou no Auditorio de Galicia ante máis de 200 persoas vencelladas ao sector TIC galego.

Relación completa de finalistas e gañadores e fotos da gala de entrega dos Premios Eganet'09

Os premios Eganet e as TIC: Dinamizar e Humanizar. Por Beatriz Legerén, presidenta de Eganet. Artigo de opinión publicado en prensa (6 de decembro de 2009).