| |
|
|
 |
| -
¿Qué é EGANET? |
| EGANET, Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet, é unha entidade sen ánimo de lucro, formada por empresas e profesionais galegos do sector de internet e as novas tecnoloxías. |
|
| -
¿Quen pode ser socio de EGANET? |
Para ingresar na asociación deberanse cumprir as seguintes condicións:
a) Ter a calidade de EMPRESA ou AUTÓNOMO, é dicir, ser unha persoa física ou xurídica adicada a unha actividade económica con ánimo de lucro.
b) Alta censal na Axencia Estatal de Administración Tributaria
c) Ser una empresa independente e completamente privada, carente de capital público ou de calquera participación dos organismos ou empresas públicas na dirección ou na xestión da súa actividade. Serán estudados os casos particulares trala presentación do informe da empresa afectada de ser participada por capital público ou capital risco, sendo obxecto de tratamento pola Asamblea Xeral.
d) Desenrolar maioritariamente a súa actividade económica a través da rede Internet. Serán admitidas, así mesmo, empresas nas que o obxecto de actividade sexa Internet ou as novas tecnoloxías, aínda que non desenrolen propiamente a súa actividade a través da rede. Será obriga dos socios comunicar á Xunta Directiva calquera cambio sobrevido que puidera afectar á súa condición de membro da Asociación.
e)Domicilio social ou fiscal sito na Comunidade Autónoma de Galicia.
|
|
| -
¿Qué dereitos teño coma asociado de EGANET? |
Todo Asociado de EGANET ostenta os seguintes dereitos:
a)A participar nas actividades da Asociación e nos órganos de goberno e representación, a exercer o dereito o voto, así como a asistir á Asemblea Xeral de acordo cos Estatutos.
b) A ser informado acerca da composición dos órganos de goberno e representación da Asociación do seu estado de contas e do desenrolo da súa actividade.
c) A ser oído con carácter previo á adopción de medidas disciplinarias contra el e a ser informado dos feitos que deran lugar a tales medidas, debendo ser motivado o acordo que, no seu caso, impoña a sanción.
d) A impugnar os acordos dos órganos da Asociación que estime contrarios á Lei ou os Estatutos.
e) Posuír un exemplar destes Estatutos e ter coñecemento dos acordos adoptados polos órganos directivos
|
|
| -
¿Qué obrigacións teño coma asociado de EGANET? |
Todo Asociado de EGANET ten as seguintes obrigas:
a) Compartir as finalidades da Asociación e colaborar para a consecución das mesmas.
b) Pagar as cotas, derramas e outras aportacións que, con arranxo os Estatutos, poidan corresponder a cada socio.
c) Cumprir o resto de obrigas que resulten das disposicións estatutarias.
d) Acatar e cumprir os acordos validamente adoptados polos órganos de goberno e representación de EGANET.
e) Desempeñar fielmente as obrigas inherentes ó cargo que desempeñen
|
|
|
|
|
 |
|
|