Aganga é unha nova empresa de desenvolvemento de software, aínda pendente de constituírse, que xorde tras quedar como finalista o proxecto presentado ao Concurso StartUp da Xuventude Galicia Net 2012. Este proxecto consiste na implementación dun portal que permite compartir ofertas, estas poden ser valoradas e os usuarios poderán levarse unha comisión directamente da web que ten a oferta.
