XII Feira Internacional: Conxemar 2010

A primeira semana de outubro celébrase, do 5 ao 7 deste mes, a XII Feira Internacional de Produtos Mar Conxelados: Conxemar 2010. Este acontecemento, que se instalará no Instituto Ferial de Vigo (Ifevi), ofrecerá aos seus visitantes a posibilidade de descubrir as últimas novidades e informacións sobre maquinaria, fabricación, importación e exportación, transformación e distribución de produtos.

Ademais, as novas tecnoloxías resultan de suma importancia polo que haberá distintos exemplos de aplicacións industriais e se presentarán os últimos proxectos de I+D+i aplicados ao sector do mar.

Fonte: Asociación Española de Mayoristas, Transformadores, Importadores e Exportadores de Produtos da Pesca e a Acuicultura.