O Goberno facilitará o acceso de cidadáns e empresas a datos públicos da Administración Xeral do Estado

A regulación sobre a apertura de datos públicos favorecerá a creación de novos produtos e servizos no sector de contidos dixitais. Os ministerios de Industria, Turismo e Comercio e de Política Territorial e Administración Pública elaboraron un borrador de proxecto de Real Decreto polo que se desenvolve la Lei sobre reutilización da información do sector público, que foi presentado esta semana ao Consello Asesor das Telecomunicacións e da Sociedade da Información -CATSI-.

 

O obxecto do Real Decreto, segundo informan desde o ministerio, é situar a España xunto a países de vanguardia en materia de apertura de datos publicos, como Estados Unidos ou Reino Unido, favorecendo ademáis a creación de novos produtos e servizos de valor engadido no sector dos contidos dixitales e contribuíndo á transparencia na actuación das Administracións públicas como principio básico da democracia.

En canto ás modalidades de reutilización, a regra xeral será a posta a disposición sen suxeción a condicións específicas, sendo aplicables unhas condicións xerais previstas no Real Decreto. Con todo, permítese que os ministerios e organismos que así o desexen establezan condicións específicas cando o consideren preciso.

Fonte: Ministerio de Industria, Turismo e Comercio