O Goberno destinará 31500 millóns de euros entre 2011 e 2015 ás pemes

Este orzamento destinarase principalmente a desenvolver un plan de crecemento do tamaño medio das pemes e a conceder de liñas de crédito, préstamos e avales. Asemade, o Goberno investirá 7.800 millóns en I+D e 2.800 millóns para axudar ás pemes na procura de novos mercados.

O Consello de Ministros aprobou o 10 de decembro o Plan Integral de Política Industrial 2020 (PIN2020), unha das actuacións sectoriais previstas na Estratexia de Economía Sustentable, aprobada en decembro de 2009. Está dirixido a renovar o modelo de crecemento da economía española, facéndoo máis eficiente no uso de recursos e máis sustentable nos ámbitos económico, medio ambiental e social. El PIN2020 contén 124 actuacións concretas en 26 ámbitos agrupados en cinco eixos:

Mellora da competitividade da Industria

  • Fomentar a innovación e a I+D
  • Fomentar o crecemento e o dinamismo das pemes
  • Favorecer a orientación das empresas aos mercados internacionais
  • Reforzar os sectores estratéxicos

As actuacións concretas formúlanse cun horizonte temporal de cinco anos  que se concretano Plan de Acción 2011-2015. Este plan intégrano actuacións levadas a cabo por dez ministerios distintos, cun impacto económico directo estimado de case 83.000 millóns de euros nos próximos cinco anos.

Crecemento e apoio ás Pemes
O Goberno destinará aproximadamente 31.500 millóns de euros para o apoio ao crecemento e a creación de novas empresas. Entre as medidas máis destacadas atópase o plan dirixido a aumentar o tamaño medio das Pemes españolas. Asemade, parte do orzamento dedicarase a financiar as liñas de crédito do ICO, os préstamos de ENISA e o plan de avales de CERSA para emprendedores. Tamén destaca o fomento do emprego autónomo e a incorporación a cooperativas e sociedades laborais.

Innovación e I+D
Un total de 7.800 millóns de euros orientaranse a estimular a Investigación, Desenvolvemento e Innovación (I+D+i) mediante apoio financeiro, apoio á incorporación de investigadores en empresas, á formación e á inversión tecnolóxica, a través de programas nacionais e internacionais. Asemade, inclúense medidas para protexer a propiedade intelectual e industrial como o Plan de Promoción da Propiedade Industrial en España 2010-2012, que axilizará custes e prazos.

Internacionalización
As actuacións neste eido estarán enfocadas a internacionalización da industria mediante a formación, a axuda na procura de novos mercados, o apoio financeiro e o asesoramento, especialmente para as pemes.

Destacan os seguintes fondos de internacionalización e plans:

As tecnoloxías da información e os contidos dixitais é un dos sectores estratéxicos
O Goberno estableceu cales serán nestes anos os sectores industriais estratéxicos, fundamentalmente pola súa orientación ao mercado internacional e pola súa capacidade de arrastre sobre outros sectores. A automoción, o sector aeroespacial, a biotecnoloxía, as tecnoloxías sanitarias e farmacéuticas, as tecnoloxías da información e contidos dixitais, a industria de protección medioambiental, as enerxías renovables, a eficiencia enerxética e a agro alimentación. As actuacións contempladas no Plan para estes sectores suporán case 9.400 millóns de euros nos vindeiros cinco años.

Elaboración do Plan
O PIN2020 foi elaborado por unha Comisión Interministerial de Política Industrial, creada ao efecto, presidida polo ministro de Industria, Turismo e Comercio, Miguel Sebastián, e na que participan nove ministerios (Defensa; Economía e Facenda; Fomento; Educación; Traballo e Inmigración; Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño; Sanidade, Política Social e Igualdade; Ciencia e Innovación e Ministerio de Cultura), así como a Oficina Económica do Presidente.