Gartner prevé un crecemento do 3,3% do gasto TIC global en 2010

Segundo publica o xornal Cinco Días, a consultora Gartner aposta por un rebote do gasto global en tecnoloxías da información en 2010, ano no que a devandita magnitude aumentará un 3,3% ata 3,3 billóns de dólares (uns 2,24 billóns de euros), por mor de segmentos como o software e os servizos TIC. A subida, segundo Peter Sondergaard, vicepresidente de Gartner, viría tralo peor ano da historia para a industria.

 

Gartner apuntou que o gasto global en tecnoloxía caerá un 5,3% en 2009. No segmento corporativo, esa caída ampliaríase ata o 6,9%.

 

"Aínda que a industria tecnolóxica volverá medrar en 2010, a industria non recuperará os ritmos de expansión acadados en 2008 ata o ano 2012". Cinco Días recolle estas declaracións de Sondegaard, que engade que o 50% dos responsables tecnolóxicos das empresas non ten previsto elevar os orzamentos para esta área en 2010.