CPEIG consegue 112.000 euros da Secretaría de Modernización para o desenvolvemento das súas actividades

A Secretaría de Modernización e Innovación Tecnolóxica asinou un convenio de colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia (CPEIG) a través do cal o departamento autonómico contribuirá con 112.000 euros na organización de diversas actividades do CPEIG.

Seis actividades diferentes entre as que se encontran 3 xornadas formativas sobre Protección de Datos de Carácter Persoal, Auditoría Informática e Dirección e Xestión de Proxectos Informáticos. O resto de acontecementos que contan con financiamento público son: a celebración da II Noite da Enxeñería en Informática de Galicia, a xornada de presentación dun estudo sobre a situación actual la sinatura electrónica e, tamén, a posta en marcha do Plan Navega con Rumbo.

Esta última proposta constitúe unha ferramenta orientada aos escolares para que poidan buscar información para realizar os seus traballos e comentar o estudo das materias, divertirse e comunicarse con persoas doutros lugares.

Fonte: Código Cero, Galicia Hoxe, iMit