ByGalicia entrevista a Ramón Bermúdez de Castro, decano do Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia

A sociedade e as tecnoloxías da información alzáronse como as novas armas para o desenvolvemento común da sociedade actual en todos os seus ámbitos. Ramón Bermúdez de Castro, decano do Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia, concedeu unha entrevista en exclusiva ao portal da internacionalización das empresas galegas, ByGalicia, onde dá resposta a cuestións sobre a sociedade da información, a actualidade do sector ETIC, os procesos de investigación e desenvolvemento das empresas galegas do sector e dos procesos de internacionalización e comercio exterior que levan a cabo as compañías de Galicia en calquera parte do glob.

Bermúdez de Castro aborda en primeiro lugar a situación actual da sociedade da información en Galicia, achegando datos e solucións ás cuestións que afronta o sector neste momento económico. A actual crise económica agudizou o enxeño de empresas e investigadores á hora de mellorar os seus produtos. O entrevistado explica como poden contribuír as empresas ETIC á expansión da economía, así como as mellores solucións para fortalecer e dinamizar o sector.

E no apartado reservado á internacionalización, Ramón Bermúdez de Castro fai unha serie de recomendacións ás empresas galegas do sector para potenciar e ampliar a súa presenza en mercados estranxeiros desde a súa experiencia como director de expansión internacional dunha empresa punteira da sociedade da información.

Vexa a entrevista completa no portal www.bygalicia.eu