As novas tecnoloxías e a informática son os sectores con máis ofertas de emprego cualificado

Un estudo realizado por Adecco Profesional desvela que o 15,6% das ofertas de emprego cualificado do primeiro semestre do ano foron demandadas polos sector informático e electrónico. Porén, durante este primeiro semestre publicáronse un 58% menos que no mesmo período do 2009. No tocante ao sector das telecomunicacións e as novas tecnoloxías a porcentaxe de ofertas publicadas sitúase no 11%, cifra que se reduciu nun 60% con respecto ao ano anterior.

Unha de cada catro ofertas de emprego cualificado correspóndese con posto de informática e novas tecnoloxías. Porén, as vacantes para informáticos experimentaron unha baixada do 60,3% aínda que seguen sendo os profesionais máis demandados do mercado.

Porén, esta redución no número de ofertas e emprego cualificado destes sectores débese, principalmente, a dúas situacións: por unha banda, a crise económica; e, por outra banda, as redes de contactos e networking para buscar profesionais como método de recrutamento por parte das empresas.

Fonte: Computing