A Secretaría de Modernización dedica 6 millóns de euros a iniciativas TIC

Segundo a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica preto de 6 millóns de euros foron aprobados para subvencionar iniciativas do sector TIC. O orzamento deste departamento autonómico contou neste ano con 10 millóns de euros repartidos en catro liñas de actuación: o fomento da empresa dixital, das empresas do sector, dos contidos dixitais e as axudas ás entidades sen ánimo de lucro.

O departamento autonómico achega 2.525.000€ para 76 iniciativas de entidades empresariais que realizan a súa actividade especificamente no ámbito das novas tecnoloxías. Con arredor de 3,3 millóns de euros subvenciona un total de 94 proxectos desenvolvidos por empresas ou asociacións empresariais de calquera sector económico en cooperación con outras do sector tecnolóxico.

As axudas pretenden permitir á posta en marcha de solucións tecnolóxicas en sectores como o sanitario, o educativo, o social, o da administración electrónica  ou a loxística do comercio e a industria.

Fonte: Xunta de Galicia