Jueves, 09 de Septiembre de 2010 10:46
O Centro Tecnolóxico Téxtil constituído pola Xunta en colaboración coas universidades galegas e oito empresas do sector está aparcado e pendente de reorganización tralo cambio político.
A Consellería de Economía atribúe esta paralización do organismo a falta de implicación das compañías colaboradoras e informa de que na última reunión do patronato só asistiu unha das entidades.
Jueves, 09 de Septiembre de 2010 10:24
A Secretaría Xeral de Medios acaba de inaugurar en Celanova o Telecentro de Comunicación da localidade. Trátase dunha infraestrutura que pretende achegar á cidadanía do concello as tecnoloxías da información e comunicación e a Rede de Redes.
Deste xeito, os habitantes de Celanova poderán familiarizarse coas novas canles e soportes de comunicación a través do emprego de varios equipos audiovisuais e multimedia que contaron cun presuposto total de 120.000 euros.
Miércoles, 08 de Septiembre de 2010 12:17
Durante o Congreso SITE, celebrado no recinto ExpoCoruña os días 17 e 18 de novembro, empresas e expertos do sector TIC darán a coñecer as novas tendencias dixitais. O gran obxectivo deste evento constitúe crear nesta cidade galega “un punto de encontro para innovación na banca, no comercio electrónico e nas administracións públicas” e, a súa vez, pretende servir de escaparate para as innovacións tecnolóxicas.
Martes, 07 de Septiembre de 2010 13:03
Un estudo realizado por Adecco Profesional desvela que o 15,6% das ofertas de emprego cualificado do primeiro semestre do ano foron demandadas polos sector informático e electrónico. Porén, durante este primeiro semestre publicáronse un 58% menos que no mesmo período do 2009. No tocante ao sector das telecomunicacións e as novas tecnoloxías a porcentaxe de ofertas publicadas sitúase no 11%, cifra que se reduciu nun 60% con respecto ao ano anterior.
Martes, 07 de Septiembre de 2010 12:48
A mostra interactiva Galiciadixital, xestionada pola Secretaría Xeral de Medios, contou coa visita de máis de medio millar de persoas durante os meses de xuño, xullo e agosto. A mostra permanente contou coa participación de arredor de 47.919 visitantes. A esta cifra hai que engadir aos asistentes á versión itinerante que contou con 16.035 persoas.
Página 7 de 41