Lunes, 13 de Septiembre de 2010 10:47
As dúas grandes patronais galegas do téxtil (Cointega e Atexga) constitúen un clúster para defender os intereses do sector coa participación de 230 firmas galegas. Entre os seus principais obxectivos está o fomento da internacionalización entre as pemes e as novas tecnoloxías, a través da venta online.
Guerra, conselleiro de Economía e Industria ve positivo este clúster que permitirá combinar políticas públicas e privadas así como o desenvolvemento na innovación e inversión tecnolóxica e a busca de novos mercados.
Viernes, 10 de Septiembre de 2010 11:05
Con motivo do Día Internacional do Software Libre, coñecido como Día da Liberdade de Software, vaise presentar en Mugardos unha nova versión de Galpon MiniNo a cargo do Grupo de Amigos Linux de Pontevedra. O 18 de setembro o colectivo Zulo realiza o evento Kernel 2010 na Casa de Cultura de Mugardos onde se pretende reunir a comunidade galega de usuarios e deseñadores da programación aberta.
Viernes, 10 de Septiembre de 2010 10:48
O PSdeG manifesta que a política do goberno autonómico en materia de investigación e desenvolvemento é “inexistente”, feito que vinculou ao posible aumento de fuga de cerebros que pode experimentar a comunidade galega no próximo ano como consecuencia da conxelación do sistema de becas para investigación.
Viernes, 10 de Septiembre de 2010 10:36
O executivo galego aprobou, nestes días, o expediente de gasto para a renovación de licenzas de Microsoft por unha cantidade de 4.744.877 euros para o período 2010-2013. Este paquete de licenzas supón para a Xunta un aforro de case seis millóns no pago do paquete Office mediante a unificación de contratos en tódolos departamentos autonómicos.
Jueves, 09 de Septiembre de 2010 11:00
A CE manifestou nun comunicado de prensa a necesidade de empregar tecnoloxías de información para axudar a reducir ata un 15% as emisións de CO2 no 2020.
Para este organismo, as TIC non so deben mellorar o control e a xestión do uso da enerxía senón, tamén, concienciar aos cidadáns sobre como empregar de xeito ecolóxico e eficaz a enerxía. Viviane Reding, comisaria europea de Sociedade da Información, declarou que é preciso que este sector “mostre o camiño” e baixe as súas propias emisións de CO2 un 20% en 2020.
Página 6 de 41