Lunes, 20 de Septiembre de 2010 11:00
A Consellería de Traballo e Benestar asinou un convenio de colaboración coas universidades de Santiago, Vigo e A Coruña e co CSIC para favorecer a constitución de empresas de base tecnolóxica por parte de investigadores galegos.
Este departamento, cunha inversión neste ámbito de 250.000 euros, ten o obxectivo de “impulsar a transferencia dos coñecementos do ámbito investigador á sociedade e crear negocios cun plus de competitividade e innovación”.
Jueves, 16 de Septiembre de 2010 11:42
A primeira semana de outubro celébrase, do 5 ao 7 deste mes, a XII Feira Internacional de Produtos Mar Conxelados: Conxemar 2010. Este acontecemento, que se instalará no Instituto Ferial de Vigo (Ifevi), ofrecerá aos seus visitantes a posibilidade de descubrir as últimas novidades e informacións sobre maquinaria, fabricación, importación e exportación, transformación e distribución de produtos.
Jueves, 16 de Septiembre de 2010 11:11
A Secretaría de Modernización e Innovación Tecnolóxica asinou un convenio de colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia (CPEIG) a través do cal o departamento autonómico contribuirá con 112.000 euros na organización de diversas actividades do CPEIG.
Miércoles, 15 de Septiembre de 2010 11:04
O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) asinou un acordo de transferencia tecnolóxica con diversas compañías internacionais do sector informático para favorecer novas licenzas de software. O prototipo elasticLM é o resultado final do Proxecto SmartLM financiado pola Unión Europea. Este proxecto ten como obxectivo a elaboración de mecanismos de xestión e uso máis eficiente e flexible de licenzas de software. Os novos modelos de licenza vaille permitir ás empresas reducir investimento.
Lunes, 13 de Septiembre de 2010 11:01
Segundo a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica preto de 6 millóns de euros foron aprobados para subvencionar iniciativas do sector TIC. O orzamento deste departamento autonómico contou neste ano con 10 millóns de euros repartidos en catro liñas de actuación: o fomento da empresa dixital, das empresas do sector, dos contidos dixitais e as axudas ás entidades sen ánimo de lucro.
Página 5 de 41