Miércoles, 21 de Octubre de 2009 16:54
Segundo publica o xornal Cinco Días, a consultora Gartner aposta por un rebote do gasto global en tecnoloxías da información en 2010, ano no que a devandita magnitude aumentará un 3,3% ata 3,3 billóns de dólares (uns 2,24 billóns de euros), por mor de segmentos como o software e os servizos TIC. A subida, segundo Peter Sondergaard, vicepresidente de Gartner, viría tralo peor ano da historia para a industria.
Miércoles, 21 de Octubre de 2009 16:48
"A día 17 de outubro de 2009, reunidos en Santiago de Compostela en asemblea constituínte, membros da comunidade Proxecto Trasno asinaron o estatuto para a creación da “Asociación Cultural para a Galeguización de Software Libre Proxecto Trasno” iniciando así o proceso de rexistro oficial na Comunidade Autónoma de Galicia, e que pode durar varios meses ata que a asociación se poida declarar oficialmente constituída.
Fonte: Mancomun.org
Viernes, 16 de Octubre de 2009 13:33
Seis meses despois de que a Comisión Europea publicase o seu código de boas prácticas para as mulleres do sector TIC (IP/09/344), o número de signatarios comprometidos en fomentar que as mulleres novas segan estudos e carreiras profesionais nos sectores das telecomunicacións, a tecnoloxía e Internet aumentou das cinco iniciais aos vinte e oito actuais. A Comisión lanzou esta semana o directorio europeo para as mulleres do sector TIC, un novo instrumento en liña que reunirá toda a información sobre as actividades e empregos da UE relacionados coas mulleres e as TIC.
Fonte: OGSI
Viernes, 16 de Octubre de 2009 13:31
O Ministerio de Industria, Turismo e Comercio abriu unha consulta pública sobre o servizo universal a fin de contar coa opinión das partes interesadas (usuarios, operador, etc) acerca das prestacións da banda larga como elemento do servizo universal, así como sobre os aspectos máis relevantes a considerar na designación de operador ou operadores que desempeñen esta función a partir do 1 de xaneiro de 2011
Fonte: sociedadedainformacion.eu
Viernes, 16 de Octubre de 2009 13:27
A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Mar Pereira, recibiu o presidente da Asociación de empresarios discapacitados de Galicia, Gerardo Crespo, no seu despacho de San Caetano, unha xuntanza na que decidiron colaborar co obxectivo de que as novas tecnoloxías faciliten a inserción laboral das persoas que sofren algún tipo de discapacidade.
Fonte: sociedadedainformacion.eu
Página 40 de 41