Lunes, 26 de Octubre de 2009 10:45
O 15,7% dos fogares galegos que non dispón de ordenador persoal é porque non pode mercalo, unha porcentaxe inferior á media nacional, que ascende ao 17,6%, segundo o INE
Fonte: Xornal de Galicia
Lunes, 26 de Octubre de 2009 10:35
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta potenciará entre a mocidade o uso das novas tecnoloxías para mellorar a información xuvenil e poder interactuar con este sector da poboación. O representante da área autonómica, Ovidio Rodeiro Tato, apostou por esta liña de acción na intervención que fixo na xornada de traballo sobre o fomento da creatividade entre a mocidade celebrada en Santiago.
Fonte: Sociedadedainformacion.eu
Viernes, 23 de Octubre de 2009 11:23
O Salón Turexpo Galicia, que se celebrará do 27 ao 29 de novembro no recinto da Feira Internacional de Galicia, en Silleda, acollerá dentro das súas actividades o seminario 'Turismo e TIC', no que se analizarán as posibilidades e vantaxes que ofrecen as novas tecnoloxías da información e a comunicación na promoción do sector galego.

Fonte: A Nosa Terra
Jueves, 22 de Octubre de 2009 15:25
Representantes de corenta empresas do sector asistiron a unha presentación específica das características do centro

Miércoles, 21 de Octubre de 2009 17:12
A FERRAMENTA DE E-LEARNING ESTARÁ DISPOÑIBLE A COMEZOS DE 2010
A plataforma Mature Project, unha ferramenta que ten como obxectivo último que as empresas manteñan o emprego entre as persoas maiores de 50 anos, estará operativa en 16 idiomas no primeiro trimestre do próximo ano. Así se decidiu na terceira reunión transnacional do proxecto Mature que se celebrou nas dependencias da Consellería de Traballo e Benestar en San Lázaro.
Fonte: Sociedadedainformacion.eu
Página 39 de 41