Miércoles, 17 de Noviembre de 2010 15:49
A industria de contidos dixitais supuxo o ano pasado un 8% da facturación do sector TIC e creceu un 33%, consolidando a súa expansión. Actualmente triplica o tamaño que tiña en 2003.

Miércoles, 29 de Septiembre de 2010 11:24
As empresas galegas con máis de 10 empregados sufriron unha incremento no nivel de formación TIC, facturación electrónica e no emprego do software libre. Esta é a conclusión principal extraída do estudo realizado polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (Osimga) sobre o uso das TIC e do comercio electrónico nas empresas durante o exercicio 2009-2010.
Case a totalidade das empresas con máis de 10 traballadores conta con equipamento informático (98%) e un 94,9% posúe conexión a Internet, experimentando un crecemento de 2,3 puntos. No tocante á presenza na Rede, o 58,9% das empresas dispón de páxina web cuxas principais utilidades son a presentación da empresa e o acceso a catálogos e listas de prezos.
Miércoles, 29 de Septiembre de 2010 10:55
A Comisión Europea anunciou que para 2011 financiará con 780 millóns de euros proxectos de investigación sobre tecnoloxías da información e comunicación en ámbitos como o futuro da Internet, a robótica, os sistemas de computación intelixentes, a fotónica, a eficiencia enerxética ou a sanidade.
Martes, 28 de Septiembre de 2010 11:53
Na súa crítica a actividade e actitude do conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, os cinco sindicatos xudiciais da xustiza (CSIF, CCOO, UXT, CIG e USO) denuncian que nos xulgados galegos a implantación do novo sistema informático soamente o saben usar, “como máximo”, un terzo dos funcionarios.
Lunes, 27 de Septiembre de 2010 11:04
A Xunta de Galicia pon a disposición dos concellos galegos, deputacións, universidades, o Consello de Contas, o Valedor do Pobo e o Parlamento o servizo de certificación e sinatura dixital de forma gratuíta.
Deste xeito, a centralización do custo desta actuación, asumida pola Secretaría Xeral de Modernización, pretende permitir un aforro do 30% ás administracións públicas galegas. Por outra banda, con esta medida buscase facilitar a tódolos organismos públicos galegos o cumprimento do esixido na lei 11/2007 e incorpóranse a Administración os certificados de profesional, de sede e de selo electrónicos.
Página 3 de 41