Faite Socio. descubre as vantaxes de ser socio Imaxe corporativa. Manual de uso e material corporativo

RESOLUCIÓN DE ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO EXP. EGP012010

RESOLUCIÓN DE ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO EXP. EGP022010

“ASISTENCIA TÉCNICA PARA A IMPLANTACIÓN DUN SISTEMA INTEGRADO DE XESTIÓN DA INFORMACIÓN OU ERP E DE CLIENTES CRM PARA AS EMPRESAS PILOTO DO PROXECTO ER-INNOVA”

Características do procedemento:
Procedemento de adxudicación: aberto
Data de publicación do anuncio: 06/11/2010
Último día de presentación de ofertas: 16/11/2010
Data de apertura pública das proposicións económicas: 22/11/2010

A Comisión de Selección, estivo formada polas seguintes persoas:
- Fernando Suárez Lorenzo, Presidente do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia.
- Ana Isabel Fernández Fraga, técnica da OPIDI.
- Beatriz González-Tejada Jácome, técnica de proxectos da TECNOPOLE.

O licitador presentado e a súa oferta económica foi a seguinte:
- Imatia Innovation, S.L.: 40.000,00 €

Criterios de valoración:
- Proposta Económica (de 0 a 40 Puntos)
- Prazo de entrega (de 0 a 10 Puntos)
- Melloras ou servizos adicionais (De 0 a 10 Puntos)
- Concreción proposta técnica (de 0 a 35 Puntos)
- Agrupación empresarial (de 0 a 5 Puntos)

Motivación da selección: a proposta de IMATIA INNOVATION, S.L. é a única presentada ao concurso. A comisión de valoración revisou a proposta determinando que cumpre cos requisitos mínimos recollidos no prego de contratación.

En base á valoración feita o Órgano de Contratación ditou resolución de adxudicación a favor da empresa IMATIA INNOVATION, S.L.

E para que así conste, en Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2010.


Asdo. Víctor López García
Presidente de Eganet