Faite Socio. descubre as vantaxes de ser socio Imaxe corporativa. Manual de uso e material corporativo

RESOLUCIÓN DE ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DO EXP. EGP022010

RESOLUCIÓN DE ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DO EXP. EGP022010

"ASISTENCIA TÉCNICA PARA A IMPLANTACIÓN E FORMACIÓN DUN ERP-CRM PARA O PROXECTO ER-INNOVA"

 

En data 29 de novembro de 2010 e con base nas puntuacións obtidas, o Órgano de Contratación adxudicou provisionalmente á empresa GRG SOLUCIONES INFORMÁTICAS, S.L. o contrato con número de expediente EGP022010 “Asistencia técnica para a implantación e formación dun ERP-CRM para o proxecto ER-INNOVA”.

Esta adxudicación provisional foi notificada á empresa adxudicataria e aos licitadores, ademais de ser publicada na páxina web www.eganet.org.

A empresa GRG SOLUCIONES INFORMÁTICAS, S.L., procedeu a presentar en prazo a documentación requirida segundo se establece no correspondente prego de condicións.

Tendo en conta as consideracións anteriores, o Órgano de Contratación RESOLVE:

1) Elevar a definitiva a resolución de adxudicación provisional do 29 de novembro de 2010, pola que se adxudica á empresa GRG SOLUCIONES INFORMÁTICAS, S.L. o contrato “Asistencia técnica para a implantación e formación dun ERP-CRM para o proxecto ER-INNOVA” conforme á súa oferta por importe de 37.000,00 € (IVE non incluído) e con suxeición ás condicións do Prego de Cláusulas Particulares que rexe a presente contratación.
2) Publicar esta adxudicación definitiva na web www.eganet.org e notificar esta adxudicación á empresa adxudicataria e aos licitadores.
3) Formalizar o correspondente contrato dentro dos prazos establecidos, logo da notificación desta resolución aos licitadores.

E para que así conste, en Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2011.


Asdo. Víctor López García
Presidente de Eganet