Faite Socio. descubre as vantaxes de ser socio Imaxe corporativa. Manual de uso e material corporativo

RESOLUCIÓN DE ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DO EXP. EGP012010

RESOLUCIÓN DE ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DO EXP. EGP012010


“ASISTENCIA TÉCNICA PARA A IMPLANTACIÓN DUN SISTEMA INTEGRADO DE XESTIÓN DA INFORMACIÓN (ERP) E DE CLIENTES (CRM) PARA AS EMPRESAS PILOTO DO PROXECTO ER-INNOVA”

 

 

En data 29 de novembro de 2010 e con base a valoración da única proposta presentada, o Órgano de Contratación adxudicou provisionalmente á empresa IMATIA INNOVATION, S.L. o contrato con número de expediente EGP012010 “Asistencia técnica para a implantación dun sistema integrado de xestión da información ou ERP e de clientes CRM para as empresas piloto do proxecto ER-INNOVA”.

Esta adxudicación provisional foi notificada á empresa adxudicataria e aos licitadores, ademais de ser publicada na páxina web www.eganet.org.

A empresa IMATIA INNOVATION, S.L., procedeu a presentar en prazo a documentación requirida segundo se establece no correspondente prego de condicións.

Tendo en conta as consideracións anteriores, o Órgano de Contratación RESOLVE:

1) Elevar a definitiva a resolución de adxudicación provisional do 29 de novembro de 2010, pola que se adxudica á empresa IMATIA INNOVATION, S.L. o contrato “Asistencia técnica para a implantación dun sistema integrado de xestión da información ou ERP e de clientes CRM para as empresas piloto do proxecto ER-INNOVA” conforme á súa oferta por importe de 40.000,00 € (IVE non incluído) e con suxeición ás condicións do prego de cláusulas particulares que rexe a presente contratación.
2) Publicar esta adxudicación definitiva na web www.eganet.org e notificar esta adxudicación á empresa adxudicataria e aos licitadores.
3) Formalizar o correspondente contrato dentro dos prazos establecidos, logo da notificación desta resolución aos licitadores.

Advertir que no anuncio de publicación deste concurso e na resolución de adxudicación provisional hai un erro na data da apertura das ofertas, indicase que será o 22-10-2010, cando se debería indicar 22-11-2010. Dito erro non ocasionou ningunha confusión no procedemento de contratación nin nas empresas licitadoras.

E para que así conste, en Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2011.
 

Asdo. Víctor López García
Presidente de Eganet