Faite Socio. descubre as vantaxes de ser socio Imaxe corporativa. Manual de uso e material corporativo

EGANET pon en marcha o proxecto: “Estudos de Viabilidade Empresarial”.

As empresas socias poderán participar neste proxecto que busca a análise e evaluación dos proxectos empresariais.

Estamos nun sector globalizado e en constante movemento, somos competitivos?  estamos seguros da viabilidade do noso proxecto? teremos que reconfigurar?

Neste proxecto analizaranse todos os aspectos e áreas da empresa: dirección, recursos humanos, marketing, definición de produtos e servizos, etc., e concluirase cunha evaluación que nos guiará sobre as posibilidades reais de negocio ou sobre a urxente reconsideración dos obxectivos iniciais.

Un proxecto realizado coa colaboración do IGAPE, InnoEmpresa da Dirección General de Política de la Pequeña y Mediana Empresa do Ministerio de Industria, Turismo y Comercio e con fondos FEDER.