Innova-TE sitúa a Lugo entre as dez primeiras sedes electrónicas de España

O programa tecnolóxico Innova-TE, financiado pola Unión Europea e polo Inludes, permitirá que a administración electrónica en 50 concellos lucenses permaneza aberta as 24 horas do día. A través desta iniciativa, impulsada pola Deputación de Lugo, os concellos participantes situánse entre as 10 primeiras sedes electrónicas de España e no primeiro posto galego en implantación da E-Administración.

Gómez Besteiro, presidente da Deputación, destacou a proposta ambiciosa e o “enorme esforzo” do organismo para crear unha administración máis próxima, máis óptima, máis áxil e máis transparente que, ademais, pretende permitir aos traballadores da administración unha mellora na conciliación da vida laboral e familiar.

Fonte: Galiciaé