As luces e as sombras da blogosfera galega

Nos seus quince anos de andaina, a blogosfera galega xa pasou por diferentes situacións. A máis preocupante, quizais, foi a vivida durante o mes de xullo cando Vieiros e Chuza pechaban, definitivamente, as súas portas por falta de cartos. Porén, non todo foi negativo para o blog galego. Por outra banda, a blogosfera galega conta, arestora, con arredor de 30.000 blogs que parecen gozar de relativo éxito.

A evolución do blog en Galicia, a maioría das iniciativas levadas a cabo por xente anónima, conformaron a blogosfera coñecida como blogomillo, término que nace a partir da expresión “outra vaca/blog no millo” acuñado por María Yáñez, unha das principais impulsoras desta revolución.

Blogaliza, encargada da tarea de censar esta actividade, informa que, na actualidade, hai 27.789 blogs escritos en galego. Deles, soamente 6.782 levan máis de seis meses sen actualizar. Estas cifras demostran que a revolución dos blogs en Galicia, o blogomillo, goza de boa saúde grazas a incesante actividade na rede por parte dos internautas galegos.

Fonte: El Mundo