Jueves, 29 de Julio de 2010 10:25
Os xornalistas vigueses, Alberto Alonso e Xurxo Torres, lanzaron a través da rede 2.0 unha novela por entregas baixo o título “El horizonte de la Reina” e invitan aos internautas a que participen e interveñan na historia. Unha nova forma de interacción no mundo online, a evolución dunha historia a través da rede. Por uns instantes, os internautas poderán converterse en parte viva dunha novela e poderán dirixir, en certa medida, a trama da publicación.
Lunes, 26 de Julio de 2010 11:06
O xornal dixital galego despediuse dos seus lectores o pasado 24 de xullo tras 14 anos de actividade na Rede. Esta web, que naceu en 1996 coma un medio de comunicación que ofrecía información en galego, converteuse nun referente no espazo web en Galicia e no decano da prensa dixital.
Lunes, 26 de Julio de 2010 10:32
Dende o 25 de xullo, día da apóstolo, o Consorcio de Santiago de Compostela veu de activar na Rede a información patrimonial da cidade para, deste xeito, facilitar o traballo de cartografía e documentación de todo o público e dos técnicos en particular. Trátase da mellora do Sistema de Información Patrimonial (SIP) do núcleo histórico, un sistema xeodocumental de xestión, inventario e administración do patrimonio.
Viernes, 23 de Julio de 2010 09:31
A comunidade galega, xunto con Melilla e Navarra, é unha das rexións onde se produciu un maior crecemento interanual no número total de liñas de banda ancha durante o ano 2009. Segundo o terceiro informe anual de servizos e infraestruturas elaborado pola Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT), Galicia experimentou, neste senso, un crecemento do 12,2%.
En canto aos operadores de cable, a comunidade galega atópase situada no quinto posto en relación o seu liderado cun porcentaxe de 38,8% (sendo a media estatal de 19, 8%).
Fonte: Xornal.com, Portaltic
Jueves, 22 de Julio de 2010 11:19
Página 6 de 25