Internet

A Dirección Xeral de Función Pública axuda a preservar o medio ambiente coa sinatura e validación electrónicas

Martes, 24 de Agosto de 2010 10:49

A Dirección Xeral de Función Pública, dependente da Consellería de Facenda tramitou, entre xaneiro e xullo de 2010, un total de 1.771 expedientes de xeito electrónico. Esta iniciativa permitiu un aforro de papel considerable e supuxo, por tanto, unha medida ecolóxica positiva para a preservación e conservación do medio ambiente. Esta situación débese á implantación do novo sistema de xeración e autorización documental baseado na sinatura e validación electrónicas. Sistema que, a súa vez, axiliza e facilita os trámites e documentos a aqueles que o solicitan.

Leer más

   

A eAdministración só pode realizar de xeito completo o 28% dos trámites dispoñibles nos concellos españois

Jueves, 12 de Agosto de 2010 10:43

ADECES (Asociación Pro Dereitos Civís, Económicos e Sociais) e AI (Asociación de Internautas) realizaron o I Estudo sobre a Administración electrónica local en 25 concellos representativos das 17 comunidades. En Galicia, só se tiveron en conta Pontevedra e A Coruña.

O número total de trámites que ofrecen a súa cidadanía os 25 Concellos avaliados son 5.115 (100 %). Destes trámites, só o 27,96 %, é dicir 1.430, son Servizos Interactivos Totais (SIT) porque se realizan de forma completa a través da Administración electrónica.

Leer más

   

Red.es convoca as invitacións para colaborar no programa Ningunha Empresa sen Web (NEW III)

Jueves, 12 de Agosto de 2010 10:40

O ente público Red.es, a través da Secretaría de Estado de Telecomunicacións, convoca as axudas para colaborar na terceira extensión do programa Ningunha Empresa sen Web (NEW) que ten como obxectivo que as empresas desenvolvan as súas propias páxinas na rede e incrementen a súa presenza en Internet.

Leer más

   

As luces e as sombras da blogosfera galega

Lunes, 09 de Agosto de 2010 11:28

Nos seus quince anos de andaina, a blogosfera galega xa pasou por diferentes situacións. A máis preocupante, quizais, foi a vivida durante o mes de xullo cando Vieiros e Chuza pechaban, definitivamente, as súas portas por falta de cartos. Porén, non todo foi negativo para o blog galego. Por outra banda, a blogosfera galega conta, arestora, con arredor de 30.000 blogs que parecen gozar de relativo éxito.

Leer más

   

Retegal duplicará a cobertura de banda larga

Lunes, 09 de Agosto de 2010 11:12

Retegal, o operador público encargado da xestión, infraestruturas e servizos de telecomunicacións en Galicia, contrata por 12,9 millóns de euros 800 quilómetros de fibra óptica para instalar a banda longa en zonas de sombra. Deste xeito, este ente pasa a xestionar arredor de 1.900 quilómetros de fibra óptica.

Leer más

   

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL