HP Labs financiará en Galicia un proxecto e-learning nas escolas rurais

O proxecto, coñecido como Comunidades Rurais Virtuais en Cloud para a educación, levarase a cabo durante o próximo curso 2010-2011 nos Centros Rurais Agrupados (CRA) de Boqueixón (Vedra). HP Labs será o encargado de financiar este plan ao que aportará 40.500 dos 67.000 euros do orzamento total.

 

A iniciativa piloto do Centro de Supercomputación de Galicia (CSGA) pretende incorporar a ensinanza á nube. Un espazo onde os membros do sistema educativo galego poderán acceder a tódolos servizos dispoñibles no sistema sen necesidade de ter que instalar ningún programa específico. O obxectivo deste proxecto é facilitar o traballo colaborador entre tódolos membros da comunidade CRA. A súa vez, permitirá a realización de actividades simultáneas en tódolos centros a través de Internet e reducirá o número de problemas técnicos relacionados con instalacións e actualizacións de software.