Jueves, 10 de Marzo de 2011 13:19
Tras escoitar as preferencias dos socios, Eganet organiza a misión comercial de 2011 ao Brasil. Esta terá lugar entre o 25 de setembro e o 2 de outubro, tempo no que as empresas participantes poderán establecer contactos comerciais coas compañías brasileiras do seu interese. O prazo para inscribirse remata o luns 14 de marzo.
Esta misión comercial directa vai acompañada doutras accións complementarias:
No 2010 unha delegación de empresas socias de Eganet xa visitou O Brasil, país que está e experimentar un intenso crecemento económico que situará o seu mercado como un referente a nivel mundial a curto prazo. O potencial económico mundial en ascenso, as dimensións do mercado que facilita a entrada nun continente e a facilidade idiomática dos galegos fan de Brasil un destino canto menos atractivo e no que se fixar. Despois da prospección do pasado ano, esta é unha segunda oportunidade para pechar alianzas.