Miércoles, 16 de Marzo de 2011 16:02
O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC), organiza o evento formativo “A Xestión de Requisitos en Proxectos Software: o comezo dunha boa relación co cliente” en colaboración con Vitae Consultores e a Asociación de Empresas Galegas Adicadas e Internet e ás Novas Tecnoloxías (EGANET).
A xornada é de asistencia gratuíta. Terá lugar o día 7 de abril entre as 10:00 e as 14:00 horas, na Sede Fundación Caixa Galicia da Coruña. A inscrición poderá realízase vía e-mail a
Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla
incluíndo o nome e a empresa á que representan (máximo de dous asistentes por empresa) antes do 4 de abril.
O curso vén cubrir a demanda dun grupo moi concreto dentro do macrosector TIC e cunha necesidade alta de especialización: os profesionais do Software. Algúns dos problemas cos que estes se atopan á hora de desenvolver produtos son o inadecuado entendemento das necesidades do usuario e incapacidade de absorber cambios nos requisitos e insatisfaccións dos clientes. Os problemas derivados dunha mala especificación dos mesmos teñen un alto impacto na diminución da calidade e a produtividade, o aumento dos custes de desenvolvemento e, por suposto, no time-to-market.
No evento formativo (programa) revisarase e daráselle solución aos aspectos relacionados coa xestión de requirimentos, desde o seu concepto ata o peche, así como as diversas ferramentas e técnicas para diferentes tipos de proxectos TI. Asemade, preténdese que esta xornada sexa un punto de encontro especializado de profesionais TIC no que compartir experiencias e establecer contacto.
O Director de Desenvolvemento de Negocio e Estratexia de Solución en Visure, Jordi Borja Sanz, impartirá a conferencia principal. De seguido, o Xerente de Proxectos de Altia Consultores, Jesús Criado, e a Responsable de Proxectos e Analista TI en Estrella Galicia (Hijos de Rivera), M. Carmen Dopazo, ilustrarán o encontro coa exposición dos seus casos prácticos.