ANEI posiciónase contra a Lei de Economía Sustentable

A Asociación Nacional de Empresas de Internet (ANEI), na que Eganet se integra, ven de comunicar aos seus socios a  postura ante o proxecto de Lei de Economía Sustentable, en concreto, ante a disposición final segunda ou Lei Sinde.

O comunicado é o seguinte:

Énos grato informalos de que o 21 de decembro o Congreso dos Deputados rexeitou en votación aprobar a Lei de Economía Sustentable (LES) cuxa disposición final segunda instituía un procedemento para o “Peche preventivo de Webs”  que ocasionaba a lóxica alarma no subsector dos aloxadores/hostings españois.

ANEI, que trasladou as emendas dos seus asociados aos grupos políticos con representación parlamentaria, continuará ofrecendo o seu apoio aos creadores e entidades de xestión de dereitos de autor na defensa da lexítima propiedade intelectual pero sempre supeditada a que as accións se encamiñen á persecución das actividades vulneradoras de ditos dereitos evitando chocar ou solapar outros dereitos fundamentais e coas debidas garantías xudiciais.