Eganet

EGANET é a asociación de empresas galegas que desenvolven software e ou servizos TIC. Creouse no ano 2000 co obxectivo de aglutinar ás empresas que representan o corazón das TIC e que abarcan as cinco principais áreas de negocio:

  1. Internet e Medios On Line
  2. Comunicación Interactiva en Novos Medios
  3. Consultaría e asesoramento TIC
  4. Conectividade e Integración de Sistemas
  5. Desenvolvemento de Software

EGANET, como Patronal das TIC Galegas, é o referente no sector e representa e defende os intereses das empresas e profesionais que desenvolven a súa actividade empresarial neste ámbito.

Temos unha estrutura propia que nos da a independencia necesaria para desenvolver os proxectos e as reivindicacións que se precisan no sector para que este sexa un dos piares fundamentais na economía galega.

Somos unha asociación reivindicativa baseada na defensa do libre mercado que da servizos ás empresas asociadas e que traballamos para conseguir a adaptación da cidadanía ao uso das novas tecnoloxías, como ferramenta de mellora ante a competitividade tanto nos sectores empresariais como no desenvolvemento individual. Traballamos pola integración tecnolóxica dos colectivos menos favorecidos e defendemos e potenciamos a presenza da muller nas TIC.

EGANET potencia sinerxías entre empresas tanto do propio sector como nos sectores non TIC, converténdose no referente tecnolóxico no tecido producitvo e con especial incidencia nos ámbitos como o cultural, o ensino, a administración local, o audiovisual, turismo, etc.

A transversalidade do sector e a visión de conxunto que nos da a nosa traxectoria asociativa, permítenos anticiparnos as necesidades que se van creando podendo ofrecer o coñecemento e as ferramentas necesarias para cubrilas.

Mudar hábitos e conseguir o escenario preciso para que se recoñezan as particularidades das empresas motoras das TIC é o traballo diario e constante na asociación.