A
Asociación de Empresas Galegas Adicadas
a Internet (EGANET) constitúese oficialmente
o 28 de maio de 2000 en Santiago de Compostela,
co obxectivo de aglutinar nela ás empresas
e profesionais galegos do sector de internet en
Galicia, para defender, promocionar e representar
seus intereses comúns, contribuíndo,
deste xeito, a un desenvolvemento óptimo
do sector das novas tecnoloxías e a sociedade
da información en Galicia.
EGANET xurde do interese mostrado polas propias
empresas galegas que traballan en internet e as
novas tecnoloxías da información.
Foron dezanove as empresas fundadoras da Asociación,
que tras varias reunións, redactaron e
aprobaron os Estatutos que hoxe regulan a actividade
da Asociación.
Dende a súa constitución, EGANET
participou en múltiples actividades e proxectos
de carácter tecnolóxico:
.I
Encontro Transfronterizo Galicia- Norte de
Portugal de Empresas das Novas Tecnoloxías
da Información, Vigo, 2001.
.Portugal Media en Exponor, a Feira Internacional
de Oporto, 2001.
.I Xornada EGANET, no Parque Tecnolóxico
de Galicia, en Ourense, 2001.
.VI Certame das Tecnoloxías de Comunicacións
e Información en Galicia, Silleda,
2001.
.II Encontro Transfronteirizo Galicia- Norte
de Portugal de Empresas de Novas Tecnoloxías,
Braga, 2002.
.VII Certame das Tecnoloxías de Comunicacións
e Información en Galicia, Santiago
de Compostela, 2002.
.Foro Sectorial "Desenvolvementos Galegos
en Internet", coa participación de
diferentes empresas asociadas, Santiago de
Compostela 2002.
.I Edición do Salón Atlántico
das Novas Tecnoloxías de la Telecomunicación
(SATT), Vigo, 2002.
.Xornada "Novos retos da seguridade de datos
na empresa", Santiago, 2002, organizada pola
Consellería de Industria e Comercio.
.Encontro AGAPI-EGANET, Santiago de Compostela,
decembro 2003.
.Encontro Empresarial BIC MINHO-BIC GALICIA,
Santiago de Compostela, decembro 2003.
.I e II Edición de GaliciaTic, en Santiago
de Compostela, anos 2003 e 2004. |
EGANET ten asinados convenios
de colaboración con asociacións
e entidades portuguesas TIC como MinhoDigital.com
e BicMinho. No ámbito nacional, EGANET
ostenta a representación da Asociación
Nacional de Empresas de Internet (ANEI) en Galicia.
Ademais, está adherida á Confederación
de Empresarios de Pontevedra, formando parte do
su Comité Directivo, e impulsando a creación
dun Comité de Novas Tecnoloxías
nesta entidade.
|