Próximos eventos

Actualmente non hai eventos dispoñibles.

Axenda

Evento 

Título:
Xornada sobre a plataforma eBox
Cando:
15/04/2010 16:30 h
Onde:
Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia - Santiago de Compostela
Categoría:
Formación

Descrición

O contido da xornada incluirá unha breve introdución sobre a plataforma eBox para, a seguir, presentar a súa potencialidade e funcionalidade como servidor de oficina, en concreto LDAP e Samba. eBox é unha plataforma de rede unificada de código aberto que pode actuar como porta de enlace a Internet (gateway), administrando a  infraestrutura de rede, xestionando ameazas de seguridade (UTM), como servidor de oficina, como servidor de comunicacións unificadas o unha combinación de todas elas.

O relator do evento será D. Jorge Salamero, desenvolvedor e analista de sistemas eBox. Con anterioridade a súa entrada en eBox Jorge Salamero traballou na universidade de Zaragoza como administrador de sistemas, desenvolvedor Linux e responsable da comunidade universitaria de software libre. Na actualidade compaxina as súas tarefas en eBox coas de desenvolvedor Debian.

O acceso, previa inscrición a realizar online a través do portal web do cntg, é de balde e condicionado ao aforo do local.

O evento vai dirixido a profesionais desempregados ou ocupados, tanto do sector público como privado, que teñan responsabilidades, exerzan e/ou orienten a súa actividade como técnicos no eido da administración de sistemas.

Máis información e inscrición na web do CNTG.

Lugar

Venue:
Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia
Rúa:
Airas Nunes, s/n, Conxo
CP:
15703
Cidade:
Santiago de Compostela
Estado / Provincia:
A Coruña

Descrición