Actualmente non hai eventos dispoñibles.
O contido desta xornada, organizada polo Centro de Novas Tecnoloxías e a Fundación INLEA, cunha duración de tres horas e a celebrar no CNTG, incluirá unha parte inicial que versará sobre o Sistema de Xestión da Seguridade da Información, continuando coa definición de activos e a análise de riscos para, finalmente, centrarse na definición e implantación de controis (Ciclo PDCA, seguridade en redes e controis de acceso, IPSec, VPN, ACL, Firewall e IDS/IPS).
O relator da xornada será D.Gabriel Fuster, MIET, CISS, CCNP, CCNA, CCAI, NetAcad Associate Technical Manager e, na actualidade, responsable da formación e de calidade do programa Networking Academy en Africa
A asistencia ao evento, previa inscrición a realizar online a través do portal web do CNTG, é libre e de balde e condicionada ao aforo do local. O prazo de inscrición está aberto até o 11 de marzo.
A xornada está dirixida especialmente a profesionais desempregados ou ocupados, tanto do sector público como privado, que teñan responsabilidades ou exerzan ou orienten a súa actividade no ámbito da seguridade ou da administración de sistemas.
Para máis información e/ou inscrición na xornada prema nesta ligazón