Actualmente non hai eventos dispoñibles.
Xornada organizada polo Foro da Sociedade da Información que persegue tres obxectivos, partindo de que os recursos humanos constitúen unha das principais vantaxes competitivas da empresa:
-Explicar as bases da motivación, selección de persoal e deseño de postos de traballo.
-Axudar a incrementar o rendemento dos recursos humanos, e
-Demostrar que o liderado é un dos factores máis importantes para lograr a satisfacción e o rendemento no ámbito empresarial.
Os poñentes serán Marcos Carbonell, socio fundador de Vitae Consultores, e Luis A. Álvarez Sestelo, xerente de Gradiant (Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia)
A xornada desenvolverase no Salón “Nogueira Dalmás” do Círculo de Empresarios de Galicia CFV (García Barbón, 62 Vigo), o vindeiro 24 de febreiro ás 16,45h.
Programa da xornada neste enlace e inscricións no mail foroscfv@clubnancierovigo.com