Actualmente non hai eventos dispoñibles.
Durante o día 11 de outubro a empresa socia , Tesla Technologies celebrará e na Escola Técnica Superior de Enxeñería (ETSE) da Universidade de Santiago de Compostela un evento baixo o nome de "Xornada HTML 5".
Este evento vai dirixido a estudantes do MTIN e do GREI (3º, 4º, prioridade aos do módulo Tecnoloxías Web, matriculados en DAW, DAWA), cun número máximo de asistentes de 150 por orde de inscrición.
Os contidos da xornada son a presentación da evolución dos estandares web dende os seus inicios ata o actual estándar HTML 5. Durante o acto comentaranse as novidades que aporta HTML5 e como facilita o traballo dos desenvolvedores de solución webs, tratando temas coma a nova orientación semántica da linguaxe, as novas características multimedia, xeolocalización, almacenamento persistente de datos en local e a que quizáis sexa a novidade mais chamativa, Canvas.
Finalmente, os asistente poderán ver as posibilidades de combinar HTML5, con outras tecnoloxías e estándars web, como a nova especificación de follas de estilo CSS3, para a realización de webs, aplicacións e xogos.
Para formalizar a inscrición (aberta ata o día 9 ás 12 horas) enviar correo electrónico a CLOAKING cos seguintes datos: Nome, D.N.I., titulación, curso.