Actualmente non hai eventos dispoñibles.
O próximo día 10 de outubro, a rede InnoBAN, celebra o workshop "Como presento o meu proxecto ante investidores" na cidade de Vigo.
Este evento vai dirixido a emprendedores, axentes de emprego, consultores e todo aquel interesado en financiación de novos proxectos. O obxectivo do taller é proporcionar aos participantes os coñecementos e ferramentas precisas para presentar os seus proxectos empresariais ante posibles novos investidores.
Trátase dun taller de 8 horas de duración con grupos reducidos de 12 persoas máximo reciben unha formación teórica e práctica necesaria para facer unha presentación eficaz do seu proxecto empresarial ante xente interesada no seu financiamento.
Podedes obter máis información e consultar os prezos deste workshop no seguinte enlace. Temos que destacar que todos aqueles asociados a Eganet dispoñen dun desconto do 25% sobre os prezos das entradas.