Actualmente non hai eventos dispoñibles.
A Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) organiza na Coruña e Ferrol dúas xornadas baixo o nome "Seminario de motivación emprendedora. Idear para emprender" co obxectivo de incentivar a novos emprendedores galegos.
O primeiro terá lugar o 8 de outubro no Centro Asociado da UNED na Coruña, o día 9 realizarase en Ferrol. Estas xornadas están dirixidas a alumnos da UNED, emprendedores e público en xeral, a participación é gratuíta aínda que as prazas son limitadas e por tanto e preciso matricularse.
Este seminario preséntase como unha actividade informativa, para todas aquelas persoas interesadas en crear a súa propia empresa, ou simplemente que teñan unha idea empresarial, ata como alternativa á procura de emprego, mediante o autoemprego. Así os potenciais emprendedores/as para que coñezan as ferramentas necesarias para a maduración e valoración inicial dunha idea.
Información e matrícula online para o seminario de Coruña e para o de Ferrol.