Actualmente non hai eventos dispoñibles.
Os vindeiros días 28 e 29 de setembro terán lugar o "I Congreso hispano-luso de Software Libre" e o "Joomla Day 2012". Estes eventos celebraranse na cidade de Mérida, organizados pola asociación OpenSource Iberia, COMPLUSOFT, CYXMEDIA, Esparkle e o apoio do Goberno de Extremadura e o Concello de Mérida.
As xornadas constarán de distintas conferencias, charlas e obradoiros nos que se exporán solucións a problemáticas concretas no uso diario do xestor de contidos Joomla! así como presentacións de casos de éxito sobre diferentes solucións tecnolóxicas sempre da man do software libre. Contarase coa participación e experiencia de expertos internacionais, así coma importantes empresas. Durante este I Congreso hispano-luso de software libre, a representación galega coa empresa SdWeb, que participará no congreso con charlas e obradoiros sobre Drupal, Alfresco e Moodle, solucións nas que conta con ampla experiencia.
Tamén estará presente CENATIC nas xornadas cunha charla sobre Software Libre e Aspectos Legais, ademais de contar ademais de con charlas tecnolóxicas coa presenza de Emilio Márquez Espino, Business Angel, emprendedor e CEO de Networking Activo, así como con Anto Recio, un dos fundadores da plataforma de crowdfunding goteo.org co obxectivo de potenciar a importancia que teñen os novos proxectos e emprendedores na situación actual.
Máis información sobre os eventos: