Actualmente non hai eventos dispoñibles.
A Oficina de Software Libre do Sistema Universitario Galego, dependente do CIXUG, organiza as "I Xornadas de Software Libre na Empresa" para o vindeiro venres 21 de setembro .
Estas xornadas, de carácter gratuíto, terán lugar na Escola Técnica Superior de Enxeñería da USC. A asistencia é libre, aínda que a organización agradece que todos aqueles interesados en asistir se inscriban a través do formulario habilitado aos efectos, para un mellor control do aforo e organización das xornadas.
Nestas xornadas, nas que participarán varios socios de Eganet, están especialmente dirixidas aos futuros profesionais das TIC da nosa comunidade, aínda que están abertas á participación do público en xeral. O obxectivo das mesmas é amosar aos asistentes que o Software Libre é unha aposta de calidade á hora de afrontar un proxecto empresarial así como as hai moitas oportunidades do mercado laboral para o profesional experto en software libre.
Estas xornadas forman parte das actividades que a OSL do CIXUG realiza ao abeiro do Convenio de Colaboración asinado coa Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2012 da Xunta de Galicia a través da AMTEGA.
Podedes obter máis información sobre o evento e fomalizar a vosa inscrición na seguinte ligazón.