Próximos eventos

Actualmente non hai eventos dispoñibles.

Axenda

Evento 

Título:
VII Tour Tecnolóxico ASLAN
Cando:
19/09/2012 - 19/09/2012 09:00 h - 18:45 h
Onde:
Hotel Hesperia Finisterre - A Coruña
Categoría:
Eventos TIC

Descrición

A Asociación de Provedores de Sistemas de Rede, Internet e Telecomunicacións (@asLAN),  está a organizar unha nova edición do seu "VII Tour Tecnolóxico ASLAN", que comeza na cidade da Coruña o vindeiro día 19 de setembro. Alí comezará o primeiro foro deste tour, que continuará ata as cidades dea en Barcelona, Sevilla, Valencia e Bilbao nos próximos meses.

O obxectivo deste evento é promover e difundir as principais tendencias tecnolóxicas que se están a dar no mundo IP, sobre todo no tocante á virtualización, comunicacións unificadas, seguridade, centros de datos, tamén se tratará a converxencia dixital sobre a Rede. Estas tendencias serán impartidas a través de relatorios a cargo de persoal das principais empresas do sector tecnolóxico, como Microsoft, Astein, APC, Flytech, Panasonic ou Allied Telesis, entre outras.

As xornadas van dirixidas ao persoal responsable das áreas de tecnolóxicas das empresas, do eido público e privado. Esta primeira estapa do Tour Tecnolóxico ASLAN será inaugurada en Coruña polo Director da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, Ricardo Capilla, que estará acompañado de Ramón Bermúdez de Castro Olavide, decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG). Durante o evento tamén haberá agasallos de tipo tecnolóxico para os asistentes.

A asistencia a este foro é gratuita, pero para elo tedes que formalizar a vosa inscrición. Tamén podedes realizar unha inscrición plus previo pago coa que disfrutaredes de máis servizos. Podedes atopar máis información sobre o evento na propia web de @aslan.

Lugar

Venue:
Hotel Hesperia Finisterre
Rúa:
Paseo del Parrote, 2-4
CP:
15001
Cidade:
A Coruña
Estado / Provincia:
A Coruña
País:
País: es

Descrición