Actualmente non hai eventos dispoñibles.
O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) organiza as xornadas "Alternativas financieiras para pemes. Como resolver as dificultades e obter financiamento en tempos de crise", en colaboración con Caixa Rural Galega a Cofederación Empresarial de Ourense (C.E.O.), SOGARPO e os alumnos da escola de negocios de Novacaixagalicia.
Estas xornadas pretenden explorar alternativas para que as pemes poidan obter financiamento e mellorar económicamente na situación de crise actual.
Entre as cuestións que se van tratar destacan: como axilizar os períodos de cobramento, análise do estado do sistema financiero actual, alternativas de finanaciamento, como aproveitar mellor o sistema de garantía recíproca, repaso polas principais liñas de apoio da administración pública en materia de finaciamento para Pemes.
Aínda estades a tempo de acudir a estas xornadas que se celebrarán próximamente na Coruña o día 18 e en Vigo o día 25 de setembro.
A inscrición é gratis e formalízase a través do seguinte enlace