Actualmente non hai eventos dispoñibles.
Este venres día 7 de setembro na Facultade de Informática da Coruña comeza o "Megathon Windows 8".
Este evento organizado por por SolidQ coa colaboración da Facultade de Informática, Vitae Consultores, Pluralsight, CampusMVP, WeKCo, o CPEIG, Cerebrata e INETA é o primeiro evento hackathon multi-cidade para Windows 8 que se celebra.
Esta destinado a desenvolvedores informáticos, para dar formación sobre a creación e o deseño de aplicacións coa interfaz de usuario de Windows 8. Así mesmo tamén permitirá aos asistentes participar nun concurso de programación por equipos para a nova plataforma de Windows.
Podedes formalizar a inscrición e atopar máis información sobre o evento na web do Megathon Windows 8.