Próximos eventos

Actualmente non hai eventos dispoñibles.

Axenda

Evento 

Título:
Curso Emprendedores IGAPE-EOI-Fundación La Caixa
Cando:
11/09/2012 - 12/09/2012 
Categoría:
Formación

Descrición

O IGAPE xunto coa EOI e a Fundación La Caixa poñen en marcha o seu "Curso Emprendedores IGAPE-EOI-Fundación La Caixa". Este curso formativo ten por obxectivo de formar a mozos emprendedores (idade máxima de 30 anos) cun proxecto de empresa embrionario en diferentes áreas de xestión empresarial, analizando a viabilidade dos seus proxectos, deste xeito dotarase aos emprendedores da formación adecuada para acometer as súas ideas de negocio.

En canto a metodoloxía haberá unha fase formativa, cunha parte lectiva presencial de 62 horas mais titorías individualizadas de proxectos. Tras esta formación os alumnos entrarán na fase concurso, na cal poderán intervir aquelas ideas de negocio que sexan consideradas como as mellores por un xurado.

Finalmente nun acto que se celebrará en Madrid outorgaranse os seguintes premios:

1º Premio: Bolsa Everilion “Da idea á realidade", que se outorgará a proxectos de características específicas para favorecer a súa transformación en empresa; a bolsa consiste en medios e soporte técnico.

2º Premio: Acceso ao “Premio Emprendedor” da Fundación Everis.

3º Premio: Bolsa do 100% para cursar un Master On Line en EOI.

O curso impartirase na Coruña e Santiago, o número de prazas nunca será inferior a 20 nin superior a 25, a matrícula é gratuita por estar cofinanciada polo Fondo Social Europeo, Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo e pola Fundación La Caixa.

A inscrición pode realizarse ata o día 11 de setembro mediante preinscrición na páxina do IGAPE e posteriormente deberán cumprimentar, asinar e entregar a “Ficha de Inscrición Oficial” nas Oficinas Territoriais do IGAPE ata o día 12. En canto a data de inicio será partir de outubro cunha duración aproximada de 3 meses.

Máis información sobre o curso, requisitos necesarios e inscrición no seguinte enlace.