Actualmente non hai eventos dispoñibles.
O próximo día venres 31 de agosto Primer Viernes e Lacón Network unen os seus esforzos para por en contacto nunha xornada de networking aos emprendedores de Galicia e Madrid.
O evento PrimerViernes contará con varios representantes que farán presentacións breves de proxectos, por suposto tamén haberá un oco para dar a coñecer proxectos propiamente galegos.
Aqueles interesados en darse a coñecer deberán mandar un pequeno resumo da súa idea a CLOAKING Neste resumo deberá figurar que problema resolvedes e como o facedes.
Para a presentación que se realizará durante o evento precísase un PDF para expoñer o proxecto ao longo de 5 minutos nos cales, a parte das preguntas anteriores, queden expostos os perfís de usuario, modelo de negocio e fitos próximos.
Para poder asistir ao evento, que ten un custo de 20 euros, é necesario completar o seguinte formulario online.